Raquel Queizás estará este sábado en Ribeira co espectáculo Chimpos de ra

04 Novembro 2020

Este sábado 7 de novembro o Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira vai dar cabida a unha función contacontos coa escritora e narradora oral galega Raquel Queizás, destinada a nenos e nenas de 0 a 6 anos. Trátase do espectáculo Chimpos de ra.

A iniciativa está promovida polo Concello de Ribeira en colaboración coa Deputación da Coruña dentro do programa de dinamización da lingua galega Lingua a escena.

Comezará ás 12 do mediodía. Para asistir é imprescindible inscribirse enviando un correo electrónico cos datos (nome e apelidos e teléfono de contacto) a normalizacion@ribeira.gal.

Respecto do argumento, a obra preséntanos a Nano, que por ser maior é quen de dar grandes chimpos de ra, e máis a Nona, a súa irmá pequena, que, por ser miúda, cae, non sabe, e o seu irmán rise dela. Nano ten ciumes de Nona, xa que pensa que todos os agarimos e atencións son para ela, polo que desexa ser pequeno outra vez…

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.