Proposta: O rianxeiro Xosé Luís Axeitos, publica “Aproximacións a Manoel Antonio”

07 Novembro 2020

A proposta dos nosos leitores iniciamos en O Barbanza as fins de semana a suxestión de obras de autores galegos. Hoxe facemolo co rianxeiro Xosé Luís Axeitos que publica “Aproximacións a Manoel Antonio”.

Con razón dicía Charles Baudelaire que proporciona certa gloria non ser comprendidos. A obra poética de Manoel Antonio, malia o tempo transcorrido desde a súa morte, segue a transmitir, como a do poeta francés, unha certa auréola de misterio, producida en gran medida porque non lle proporciona inmediatamente ao lector significacións últimas, definitivas. En efecto, a obra do rianxeiro, aínda examinada e lida con rigor, apunta sempre cara a unha abertura que non cifra certezas absolutas. Levándonos a súa lectura a un eido no que a linguaxe é unha sorte de manifestación do ser como experiencia do pensamento e dunha contemplación estética anovadora, crítica, non clasicista.

Aproximacións a Manoel Antonio é un conxunto de ensaios que nos achegan diversos aspectos e dimensións da obra do mariñeiro e poeta de Asados, facéndonos partícipes da fonda dinámica intelectual e reflexiva que nutriu o seu vieiro creativo e existencial. É este un libro ben interesante pois Xosé Luís Axeitos, académico e escritor rianxeiro, aproxímase á obra de Manoel Antonio de maneira lixeiramente distinta a como adoito se fixo a achega á súa escrita e ao seu pensamento. Hai nos ensaios deste libro unha procura do senso interno da escrita manoelantoniana, unha indagación arredor da dimensión cognoscitiva implícita na súa (meta)poética, un estudo da visión dialogal como proceso de aprendizaxe fraterna e teórica ou a análise da presenza de ideas filosóficas e científicas no subtexto das súas obras, entre outras cuestións. Nese senso, unha das características máis transcendentes do traballo do autor de De catro a catro provén da reflexión que proxecta, desde a escrita, sobre o acto creativo e as dificultades de construír un texto espacializado e ao mesmo tempo un espazo textualizado. Desta complexidade nacen as preocupacións metapoéticas e críticas que talvez sexan unha das facetas máis reveladoras para deconstruír a súa obra.

Outro factor de interese deste libro consiste en que conta con dous inéditos do poeta nunca publicados anteriormente. O Concello de Rianxo, nomeadamente a través da Casa Museo Manuel Antonio, colaborou na edición desta obra, navegando polas fértiles augas da ría de Arousa, nun Constantino Candeira utópico que, coma o de Manoel Antonio, sempre clama por un «máis alá».

Publicado por “Axóuxere Editora” o autor Xosé Luís Axeitos é de sobra coñecido. Naceu en Rianxo e dedicou especial atención á literatura e arte de vangarda editando e estudando grandes poetas e escritores rianxeiros como Manoel Antonio (1900-1930) e Rafael Dieste (1899-1981). Ocupouse tamén do estudo das revistas desa época en Galicia (Ronsel, Guión, Universitarios, Yunque, Ser) o que lle permitiu estudar monograficamente a recepción das vangardas, nas que Luís Seoane estivo sempre presente. Outro tema de interese da súa investigación é a literatura do exilio. Publicou o epistolario de Rafael Dieste e a obra completa de Lorenzo Varela. Dirixe actualmente a revista Follas Novas – Revista de Estudos Rosalianos, que edita a Fundación Rosalía de Castro, e forma parte do consello de redacción da revista Cuadrante. Colaborou en numerosas revistas como Laberintos, da Fundación Max Aub, Ínsula, Grial,  A Trabe de Ouro, Anthropos, Renacimiento, Boletín da Real Academia Galega e A Nosa Terra, entre outras.

Descargar un fragmento da obra.

Apoia ós autores e a escrita galega.Merca o libro na tenda online ou mellor nas librarías da comarca.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.