O V Festimaxia de Lousame acollerá este domingo o espectáculo Alquimia do Mago Teto

18 Novembro 2020

A Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 22 de novembro unha actuación do Mago Teto, que volverá poñer en escena, a partir das 18.00 horas, o seu espectáculo Alquimia, definido polo propio artista como “unha fusión do teatro e as artes escénicas coa maxia”.

Segundo lembra a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, estamos ante “unha actuación que tivo tal éxito na edición do ano pasado que deixou a ducias de veciños e veciñas sen poder asistir por falta de aforo”, e foi por este motivo polo que se fixo un esforzo especial por volver programar unha vez máis o dito espectáculo, que regresa a Lousame este domingo 22.

A concelleira recorda que a nova cita virá con aforamento limitado, polo que será preciso reservar a entrada con antelación chamando ao teléfono 981 82 57 80.

Alquimia é un espectáculo dirixido a un público familiar, a partir dos 7 anos, no que o Mago Teto experimenta con auga, terra, lume e aire na busca da pedra filosofal.

Esta será a segunda das tres actuacións programadas no V Festimaxia de Lousame, organizado polo Concello de Lousame en colaboración coa Deputación da Coruña. Para o vindeiro domingo 29 de novembro, tamén ás 18:00 horas, queda a derradeira actuación deste ano da man do mago Dani García, que porá sobre o escenario da Casa da Cultura local o seu espectáculo Don Gelati, unha actuación que mestura maxia e humor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...