O PSOE de Ribeira pide a retirada dunhas pedras na beirarrúa da avenida de Ferrol

17 Novembro 2020

O grupo socialista de Ribeira, a través do seu voceiro José Manuel Vilas, presentou para ser tratado en pleno un rogo relativo á seguridade da avenida de Ferrol, concretamente no treito que segue á curva da Nogueira, onde foron localizadas unha serie de pedras que, segundo indica a agrupación ribeirense, obstaculizan o tránsito peonil pola beirarrúa e, por este motivo, poñen en perigo a seguridade dos viandantes e converten a beira en inaccesíbel para persoas con mobilidade reducida.

As ditas pedras, di a agrupación, “son obxecto dun desprendemento do terraplén anexo á beirarrúa, se cadra debido ás precipitacións dos últimos días, ou á acción dos traballos realizados no acondicionamento e pavimentado das beiras na dita rúa”. Os socialistas solicitan a retirada dos ditos obstáculos e a limpeza da zona de tránsito de viandantes, “para permitir o paso sen dificultades”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.