O presidente provincial e a alcaldesa de Muros comproban o esplendor recuperado do Cine París

30 Novembro 2020

Finalmente a recuperación do Cine París de Muros, unha das moitas xoias arquitectónicas da histórica vila, é unha realidade á vista de veciñanza e visitantes. As obras de rehabilitación foron visitadas este luns polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, que recordou que a entidade colabora co proxecto con 266.000 euros a través do Plan Único. Os traballos financiados inclúe a renovación da cuberta e a recuperación da fachada.

Sinalar que o Concello quere converter o París nun centro sociocultural, outorgándolle de novo o esplendor que perdeu durante décadas de abandono e ruína. García, na súa visita a Muros, estivo acompañado pola alcaldesa Inés Monteagudo e por membros da Corporación. Na estadía tamén participaron o deputado Blas García e a deputada Sandra González.

O presidente provincial aproveitou para visitar outras obras no casco antigo de Muros e que contan con fondos do Plan Único como pode ser a mellora integral que se está a acometer na zona de Chalón, onde se instalan novos pavimentos e estanse a recuperar os tradicionais lavadoiros.

González Formoso lembrou que “o Plan Único aumenta este ano de xeito considerábel para todos os concellos, e tamén para Muros, que conta cunha asignación de 600.000 euros dos que 140.000 euros irán destinados para facer fronte aos gastos sociais orixinados pola pandemia”.

Inés Monteagudo quixo “agradecer a visita do presidente e os investimentos da Deputación en Muros” e recalcou que “a obra do Cine París era moi agardada porque a situación do edificio era dramática, pasou de ser unha actuación estética a ser de seguridade xa que corría risco de derrube. Agora dá gusto velo e cambiou a sensación dos comercios e establecementos desta zona”.

146 solicitudes ao PEL Reactiva

No apartado de Emprego, o presidente lembrou que a Deputación vén de recibir un total de 146 solicitudes de autónomos e microempresas de Muros para participar nas axudas do PEL Reactiva. “O elevado número de peticións, tanto aquí como en toda a provincia, deixa clara a importancia dun plan que reparte 12 millóns de euros para unha provincia mentres outras administracións como a Xunta destinan 17 millóns de euros para toda a Comunidade”. Tamén recordou que a Deputación lanzará un novo PEL Concellos dotado de 3 millóns de euros de orzamento e que, no caso de Muros, permitirá contratar a outros 6 traballadores a maiores dos 6 cos que xa conta.

González Formoso visitou tamén a Confraría de Pescadores de Muros, onde mantivo un encontro co patrón maior, Daniel Formoso Moledo, e con outros representantes do sector pesqueiro do municipio. Alí, interesouse pola situación actual e as diferentes problemáticas que se lle presentan a un sector estratéxico na economía local e anunciou “que recibirán 17.000 euros dentro da liña provincial de subvencións a confrarías, dotada de medio millón de euros”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...