O plan reactiva Ribeira terá continuidade no 2021

17 Novembro 2020

A casa do concello deu cabida esta mañá unha reunión do Plan Reactiva Ribeira con presenza de representantes dos distintos grupos da Corporación coa fin de avaliar o estado de cumprimento deste ambicioso programa dirixido a contrarrestar os efectos da pandemia no noso municipio. No transcurso da reunión, o alcalde Manuel Ruiz –quen puxo de relevo o alto grao de cumprimento da folla de ruta aprobada no pasado mes de maio—, fixo un repaso pormenorizado das accións contempladas e avanzou a intención de que o plan teña continuidade no ano 2021 tanto a través de partidas no orzamento municipal do próximo exercicio como a través do remanente.

Tocante ao plan en vigor, no que se refire ás medidas fiscais e tributarias
puxéronse de relevo diversas iniciativas xa acordadas como a rebaixa no
3% do imposto de vehículos para 2021, o non cobro no presente curso das
matrículas dos segundos fillos na escola infantil municipal e no
conservatorio Enrique Paisal ou a ampliación das exencións para o ano
que vén tanto da ordenanza de terrazas como do vado dos taxistas.
En canto ás medidas dirixidas ao comercio local, cómpre salientar o
lanzamento da plataforma de comercio electrónico Ribeira Store ou as 16
solicitudes recibidas na convocatoria de axudas para a mellora da
competitividade e a innovación do comercio local.
Así mesmo, púxose en marcha o plan “Innova-Formación” para incentivar a
adquisición en establecementos locais de equipos informáticos por parte de
familias con fillos en idade escolar (no que houbo 74 solicitudes e respecto
do cal xa se está traballando nunha segunda convocatoria para abrir esta
iniciativa a estudantes universitarios ou que cursan o ciclo superior de FP).
Campaña de actualización hostaleira. Así mesmo, e tamén pensando na dinamización do tecido económico do
municipio, vaise poñer en marcha unha campaña de actualización
hostaleira para a mellora da calidade e competitividade do sector local
mediante a celebración de cursos de formación.
No que se refire ás medidas de promoción do emprego, ademais do
arranque do obradoiro O Pote II (con 15 mozos que se formarán durante nove meses na especialidade de cociña) e do próximo inicio do obradoiro
Tahume VI (no que participarán 10 veciños ribeirenses e outros 10 de
Porto do Son nas vertentes de carpintería e mantemento do sector forestal)
—ambos en colaboración coa Xunta—, hai que salientar a contratación
directa polo Concello de Ribeira de 12 persoas desempregadas para a
conservación de beirarrúas, infraestruturas e mobiliario urbano; outras 5
para o GAEM; 12 como auxiliares de Policía; e 1 para o desenvolvemento
do Plan de Turismo de Ribeira.
Tamén se incidiu na mellora das capacidades dos veciños coa activación
dos cursos de Ribeira Academy e Ribeira Academy 2, que brindaron a
posibilidade de acceder a multitude de cursos online gratuítos con 1.000 e
300 prazas ofertadas, respectivamente.
No que se refire ás medidas de promoción económica, houbo 136 solicitudes presentadas á liña de axudas directas do Concello destinadas a
autónomos, comerciantes e pemes que se viran obrigados a pechar polo
estado de alarma ou que visen reducida drasticamente a súa actividade,
máis outras 24 para os afectados polo covid con financiación por parte do
POS+ Adicional. Cómpre lembrar que está aberta ata o 25 de novembro
unha nova convocatoria de axudas para a reactivación económica e social
(PEL Reactiva) cunha partida de 595.000 euros, dos cales 370.000
corresponden á Deputación e o resto son fondos propios do Concello.
Axudas de emerxencia
No apartado de medidas de promoción social, incrementáronse a día de
hoxe en 62.000 euros as axudas de emerxencia para as persoas en risco
de exclusión (para compra de alimentos e produtos de primeira necesidade
así como axudas do aluguer) e en 45.000 as axudas á escolarización (con
71 familias beneficiarias no comedor escolar e 51 en material didáctico).
Tamén hai que subliñar o incremento de 3.630 horas adicionais para o
servizo de axuda no fogar como consecuencia do covid que se suman ás
xa existentes, cunha previsión de gasto cercana aos 920.000 euros.
En relación ás medidas de innovación tecnolóxica, destacouse que se está
a confeccionar unha nova páxina web municipal e unha nova aplicación
móbil, así como a potenciación do teletraballo e a celebración de órganos
colexiados de forma telemática (caso das xuntas de goberno local),
ademais da referida Ribeira Store.

Outros artigos

Este domingo 23 celébrase a VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira

Este xoves 20 de marzo presentáronse os detalles da VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira, que se celebra este domingo 23. Participaron na cita cos medios o rexedor ribeirán, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...