O PBBI solicita o pleno que o alcalde de Ribeira informe sobre o desfalco de 180.000 euros

26 Novembro 2020

O pasado mes de agosto o PBBI tivo coñecemento nunha xunta de portavoces dun desfalco que deixou un importante buraco nas arcas municipais, no caso de que non se poida recuperar. A pesar da gravidade do asunto e tras case catro meses, o alcalde de Ribeira aínda non o comunicou aos cidadáns.

Segundo o Partido Barbanza Independiente (PBBI) nesa xunta de portavoces foi a tenente de alcalde a que comunicou que o pasado 20 de maio recibiuse na área de Intervención do Concello de Ribeira un correo electrónico no que se lle indicaba que a concesionaria do servizo municipal de iluminación pública, Ferrovial, pedía que procedese ao cambio da conta bancaria para futuros pagos á mesma. O 29 dese mesmo mes, o Concello de Ribeira efectuou esa modificación na contabilidade municipal tras recibir polo mesmo medio unha certificación da titularidade da nova conta bancaria facilitada.
Despois de que o 20 de xullo o Concello de Ribeira levou a cabo unha transferencia bancaria para abonar catro facturas por un importe total próximo aos 180.000 euros á referida empresa adxudicataria, a finais de xullo foron os servizos de detección de fraude do banco BBVA os que comunicaron ao Concello que ao realizar o cotexo dos datos da factura e do receptor da transferencia feita non coinciden.
Ao ter coñecemento de que o diñeiro foi a parar a mans dun destinatario distinto á concesionaria do servizo de iluminación pública, desde o Executivo local presentouse na comisaría do Corpo Nacional de Policía unha denuncia por esa estafa.

Pasado ese tempo e sen novas o Partido Barbanza Independiente (PBBI) soliciuta que no pleno do próximo luns “o alcalde informe e de as oportunas explicacións sobre a estafa de case 180.000 euros da que foi obxecto o Concello de Ribeira e que se revisen por parte de quen corresponda os protocolos e filtros para detectar no futuro posibles estafas do tipo que sexan, e así evitar prexuízos ás arcas municipais e a todos os veciños do municipio, explicando aos grupos políticos, nunha xunta oucomision correspondente no prazo de 30 días, as medidas que se van a tomar, ou se están tomando para que non volva suceder”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.