O obradoiro Tahume VI contará cun financiamento da Xunta de máis de 355.000 euros

10 Novembro 2020

A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia vai financiar o Obradoiro de Emprego Tahume VI, que se realizará conxuntamente entre os Concellos de Porto do Son e Ribeira e no que se impartirán durante 9 meses as especialidades de Traballos de carpintería e moble e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. A subvención conta con 346.946,00€ para os devanditos obxectivos de formación e empregabilidade e 9.000€ para incentivos á contratación.

A sexta convocatoria do obradoiro recibiu un importante impulso a comezos de ano, coa formalización do convenio de colaboración asinado polos ditos Concellos, unha rúbrica que veu acompañada da solicitude dunha axuda para dar as máximas amplitude e repercusión á iniciativa conxuntade formación e empregabilidade, axuda confirmada finalmente. “Trátase”, sinalaron daquela os rexedores, “dunha oportunidade de aprendizaxe, facilitar a empregabilidade e redundar no beneficio dos municipios”.

A formación do obradoiro estenderase ao longo de nove meses e contará con vinte participantes, dez por municipio.

En Ribeira, os traballos da modalidade forestal concentraranse principalmente en Couso e o monte de San Alberte, a través da repoboación con especies autóctonas; mentres que a especialidade da carpintería desenvolverá o proxecto de recuperación de pasarelas nos areais ou a elaboración de pasamáns para a praia da Corna.

No caso de Porto do Son, a carpintería permitirá repasar moitas das pasarelas que se distribúen ao longo dos seus quilómetros de litoral, así como a construción de mobiliario urbano como por exemplo bancos ou macetas, entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.