Ribeira e Porto do Son alíanse para desenvolver o obradoiro de emprego compartido Tahume VI

21 Febreiro 2020

A ribeirense Casa do Concello foi escenario esta mañá da sinatura dun convenio de colaboración para executar un novo obradoiro de emprego compartido entre os municipios de Ribeira e Porto do Son, ao tempo que solicitan unha axuda en aras ao seu financiamento á Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, ao abeiro da orde do 27 de decembro de 2019. Baixo o título Tahume VI, ambos concellos suman esforzos para desenvolver esta iniciativa que combina traballo e formación co obxectivo de facilitar a integración laboral da veciñanza en situación de desemprego. Trátase, polo tanto, dunha oportunidade de aprendizaxe, facilitar a empregabilidade e redundar no beneficio dos municipios.

Tras a rúbrica, os alcaldes Manuel Ruiz e Luis Oujo explicaron en que consistirá a sexta edición do referido taller, sendo a intención que a súa duración se estenda ao longo de nove meses e conte con vinte participantes, dez por municipio. As especialidades a impartir son ‘Traballos de carpintería e moble’ e ‘Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’.

Manuel Ruiz sinalou que o labor administrativo do obradoiro de emprego recaerá no concello sonense, debido ás complexidades administrativas derivadas da xestión da EDUSI, un procedemento que require o máximo esforzo dispoñible por parte dos funcionarios municipais. En Ribeira, os traballos da modalidade forestal concentraranse principalmente en Couso e o monte de San Alberte, a través da repoboación con especies autóctonas; mentres que a especialidade da carpintería desenvolverá o proxecto de recuperación de pasarelas nos areais ou a elaboración de pasamáns para a praia da Corna.

No caso de Porto do Son, a carpintería permitirá repasar moitas das pasarelas que se distribúen ao longo dos seus quilómetros de litoral, así como a construción de mobiliario urbano coma, por exemplo, bancos ou macetas, entre outros. O mandatario local sonense lembrou que se atopan inmersos nun proxecto para unir os case trinta quilómetros de costa existente mediante sendas, cunha inversión de 50.000 euros. De feito, referiuse á unión da praia de A Gaza coa de Ornanda. Neste senso, pretenden continuar nesta liña ata lindar co municipio ribeirense. No que respecta á especialidade forestal, Luis Oujo apuntou que O Son ten catro parroquias en alto risco de incendios (Xuño, Caamaño, Ribasieira e Baroña); ademais de que considerou que esta aprendizaxe resulta “moi positiva” de cara á incorporación do alumnado ao mercado laboral a través de entidades como a empresa pública Seaga. O rexedor de O Son tamén precisou que o pasado ano non puideron solicitar este obradoiro ao non cumprir o ratio de desempregados, pero que se retomou neste 2020, subliñando o “éxito” das cinco edicións anteriores.

Finalmente, o alcalde de Ribeira manifestou que se traballará na marcaxe provisional do Camiño de Santiago do Barbanza, concretamente ao longo dos entre 25 e 27 quilómetros nos que este itinerario transcorre polo termo municipal ribeirense. A distancia definitiva dependerá de como vai ir o trazado dentro do parque natural. Así mesmo, Manuel Ruiz e Luis Oujo anunciaron que apostan por establecer sinerxías entre as rutas nas que se encadran cada un dos concellos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.