O Noia FS tira de valentía para traer a vitoria á casa

23 Novembro 2020
Imaxe cedida polo Noia Portus Apostoli FS

O Noia Portus Apostoli tivo que agardar á recta final para lograr bater ó Leganés FS por 2-3. Un conxunto “pepinero” que mostrou unha cara moi competitiva e que obrigou ó cadro de Marlon Velasco a sufrir ata o final. O conxunto madrileño debutaba como local, pola súa contra, o Noia FS viña cun pleno de vitorias na competición.

O partido comezou cun ritmo baixo, con medo a cometer un erro que terminara costando caro. Froito disto, o partido careceu dun dominador claro nos primeiros compases, ata que Pope, no minuto 7, logrou bater a Tarsa cun disparo entre as pernas para poñer ó Noia por diante no marcador. A partir dese intre, o partido gañou ritmo e intensidade e as ocasións sucederíanse por ambos bandos. A máis clara para o Leganés, co lanzamento dun dobre penalti que parou Álex Pérez para irse ó tempo de lecer coa vitoria visitante.

Co inicio do segundo período, o conxunto local impuxo o seu xogo nos primeiros intres, pero sería o cadro dirixido por Marlon Velasco o que terminou impoñéndose. Así, Javi Rángel , no minuto 5, puxo terra de por medio ó remachar unha bonita xogada combinativa do equipo visitante que supuxo o 0-2. A partir de aí comezou o asedio “pepinero”.

Co resultado en contra, e sen nada que perder, o Leganés FS acantoou ó Noia FS no último tramo do encontro. En consecuencia disto, Chicho conseguiu recortar distancias trala saída dun córner, 1-2, minuto 29. Quedaban once minutos e os nervios fixéronse presentes nos noieses, que comezaron a cometer erros e defender moi atrás. Un fallo na saída de balón provocou que Chicho puxera as táboas no marcador a falta de catro minutos para finalizar o encontro.

Nestas situacións é onde se demostra a mentalidade dun equipo, e Marlon Velasco deixouno moi claro, sacou o porteiro-xogador e saíu a polo partido. A valentía do Noia FS veríase recompensada no 38’, cando Antonio Diz (porteiro-xogador) definira ante Tarsa para lograr o definitivo 2-3.

Con este triunfo, O Noia Portus Apostoli FS segue liderando a Segunda División con 15 puntos de 15 posibles. O cadro de Marlon Velasco terá agora que tratar de seguir coa boa dinámica nos dezaseisavos da Copa do Rei, onde se enfrontará ó Parrulo FS.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.