O Noia FS enfrontarase ó Fútbol Sala Valdepeñas nos oitavos da Copa do Rei

28 Novembro 2020

O Noia Portus Apostoli xa coñece ó que será seu rival nos oitavos de final da Copa de España, o FS Valdepeñas. O sorteo celebrado o pasado deparoulle ó cadro de Marlon Velasco unha eliminatoria moi complexa contra o actual subcampión da Primeira División e da Copa do Rei.

Por terceira vez na súa historia o Noia FS xogará os oitavos de final da Copa de España, e tentará lograr un fito histórico accedendo ós cuartos de final. “É un bonito e ambicioso reto”, analizou Marlon Velasco un encontro que será disputado o 15 de decembro no Augustín Mourís. Ademais a eliminatoria será emitida en streaming a través da canle oficial de Youtube do Noia Portus Apostoli.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.