A costa da Coruña permanecerá este luns en aviso laranxa por un temporal de ondada e vento que tamén deixa en alerta amarela o litoral de Pontevedra e Lugo.
Meteogalicia informa de ondas de entre 5 e 6 metros en todo o litoral coruñés especialmente ao longo da tarde deste luns.
Esperase unha forte ondada nas Rías Baixas, aínda que será menor, con ondas de entre 4 e 5 metros.
O temporal, que xa mantivo en alerta este domingo a costa da Coruña, continuará azoutando o litoral galego o martes, cando volverá estar centrado no litoral coruñés que obrigarán a decretar o aviso amarelo por ondada.
En canto o tempo na comarca nos vindeiros días teremos alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros, aínda que ocasionalmente poderán atoparse pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o luns. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso notable e máximas en descenso lixeiro.