O espectáculo Don Gelati do mago Dani García pecha a quinta edición do Festimaxia de Lousame

26 Novembro 2020

A quinta edición do Festimaxia de Lousame porá punto e final este domingo coa actuación Don Gelati. A función do mago Dani García porá o broche de ouro a un mes de novembro que reuniu a personaxes como Fani Triana ou o Mago Teto.

O espectáculo Don Gelati diríxese a un público familiar, utilizando un estilo musical e humorístico. A función require da participación activa de toda a familia para poder resolver as cuestións que se lle presentan ó protagonista, un peculiar vendedor de xeados. Durante os 50 minutos que dura a actuación, Dani García e os espectadores terán que axudarse mutuamente para lograr o obxectivo final, solucionar os problemas atopados.

Con esta actuación, o Concello de Lousame pechará a quinta edición do Festimaxia 2020. O espectáculo Don Gelati terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Lousame o vindeiro domingo 29 de novembro, a partir das 18:00 horas. A entrada é de balde, mais é preciso, por mor da COVID-19, reservar a entrada chamando ao 981 82 57 80.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...