O Concello de Ribeira abona as axudas do Plan Reactiva a 117 negocios locais

09 Novembro 2020

O Concello de Ribeira vén de dar luz verde ao abono das axudas para a reactivación económica do comercio e a hostalería local afectados polo COVID-19. Fíxoo logo de que a comisión avaliadora finalizase coa tramitación necesaria para a súa entrega. En virtude desta resolución, van ser 117 as empresas que recibirán de contado estas axudas, con contías que nalgún caso chegan aos 2.500 euros. Quedan pendentes de resolución as que aínda non presentaron a documentación requirida.

O Concello lembra que está en fase de presentación de solicitudes unha nova convocatoria de PEL Reactiva (Deputación) por importe de 595.528,68 euros, destinados a persoas autónomas e microempresas afectadas pola pandemia e que son compatíbeis con calquera outra concedida por entidades públicas ou persoais, ata un máximo de 40.000 euros. Hai de prazo ata as 14 horas do día 25 de novembro de 2020 para solicitalas.

As bases desta nova convocatoria poden ser consultadas na páxina web municipal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...