O Concello de Pobra coloca un toldo para a realización de tests da COVID-19. NON se tráta dun cribado

23 Novembro 2020

A Concellaría da Sanidade da Pobra do Caramiñal anuncia que se procedeu á colocación dun toldo nas inmediacións do centro de saúde para a realización de tests da COVID-19, en horario de 12.30 a 13.30 horas, sen se tratar, polo de agora, dun cribado, tal e como expuxo a edil Patricia Lojo. Deste xeito, as persoas que poidan estar contaxiadas por coronavirus acudirán no seu vehículo e, sen baixaren do turismo, persoal sanitario realizará o test. Deseguido, estacionarán o seu coche á espera de coñece-lo resultado da proba nas prazas reservadas para tal fin.

Cómpre indicar que o toldo foi colocado na área de estacionamento para persoas con mobilidade reducida, mais habilitouse outra zona nova. Ademais, a dita cuberta de lona permanecerá non só no horario indicado anteriormente, senón da mañá á noite, por se houbese calquera mostra que fose preciso tomar con urxencia. Así mesmo, realizaranse diariamente os labores de desinfección nas inmediacións.

Cóntase coa colaboración da Protección Civil e da Policía local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.