O Concello de Lousame saca a licitación obras viarias por case 260.000 euros

03 Novembro 2020

O Concello de Lousame informou de que ten en fase de licitación un total de catro proxectos de mellora de estradas e accesos a núcleos rurais do municipio por un importe base de licitación de 259.233,29 euros. Son catro proxectos correspondentes aos Plans de Obras e Servizos de 2019 e 2020 cuxo prazo de presentación de ofertas ficará aberto até o 9 de novembro, agás os accesos a Comparada e unha pavimentación en Bargo, que estará aberto ata o 16 deste mesmo mes.

O proxecto máis importante dende o punto de vista cuantitativo (con 123.999,73 euros de licitación) é a iniciativa para a Pavimentación de viarios en Béxeres e outros, incluída no POS+2019 e que abrangue catro actuacións. Inclúe o pavimentado con aglomerado de catro treitos dunha estrada en Béxeres, así como tres abanicos de 265 m2, previa reparación de fochancas, construción de dous muros para contención de terras e habilitación dun pozo de rexistro e 5 arquetas con sumidoiro para a recollida de pluviais.

A maiores pavimentarase un camiño de 490 metros de longo por catro de ancho entre A Silva e a estrada de Seoane; así como o aglomerado en quente dun camiño entre a estrada provincial CP-4201 e as instalacións do Clube de Xubilados, pechadas na actualidade por mor da situación da COVID-19. Actuarase sobre 865 metros de camiño nos que se executarán 225 m2 de sobreanchos e adaptaranse os pozos e arquetas de recollida de pluviais á nova rasante da estrada. Finalmente, o proxecto inclúe a cobertura con aglomerado en quente dos accesos a Vilar de Reconco, dividido en dous treitos de 145 metros, previa reparación de fochancas.

POS 2020

Así mesmo, o Concello de Lousame sacou a licitación tres proxectos incluídos no POS+2020. Así, licita por 54.904,5 euros as obras de reparación de fochancas e pavimentación con aglomerado en quente de dous tramos de 890 metros dun camiño entre Vilacoba e Vilar de Reconco. O segundo proxecto, de 48.678,87 euros, inclúe a mellora do acceso á aldea de Pousada desde a estrada Portobravo-Tállara, así como a reparación dun pequeno camiño transversal en Merelle (Tállara).

Finalmente, licítase por 31.760,19 euros a mellora con aglomerado en quente dunha pista de 440 metros de acceso á localidade de Comparada, con 125 m2 de sobreanchos, así como o pavimentado de cinco treitos en Bargo, que suman unha superficie de 286 m2. Esta é a única licitación aberta ata o 16 de novembro, xa que as outras tres pecharanse o vindeiro 9 de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...