Lousame lanza a campaña A árbore do bo trato en contra da violencia de xénero

18 Novembro 2020

O Concello de Lousame puxo en marcha a campaña en contra da violencia de xénero que terá como nome A árbore do bo trato. Esta iniciativa terá a súa base no formato dixital, como así indicou a concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo: “Diante da situación actual, evitamos actividades tradicionais como a Andaina contra a Violencia de Xénero e apostamos polas novas tecnoloxías, a nosa páxina web e as nosas redes sociais”.

A campaña terá como imaxe simbólica unha árbore, que estará composta por folla e froitos con propostas que impulsen o bo trato. Os veciños de Lousame poderán promocionar súas ideas a partir de vídeos, textos, imaxes e demais arquivos multimedia que serán expostos na páxina web do Concello. Para poder participar, o Concello de Lousame habilitará un photocall na Casa Consistorial para facer uso del en caso de que algún veciño o precise. Ademais poderanse enviar aportacións ó WhatsApp (689 126 385) e por wetransfer (nos@noscomunicacion.com)

A iniciativa, organizada pola Concellería da Igualdade do Concello de Lousame en colaboración co Ministerio de Igualdade e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero, non será a única actividade posta en marcha deste tipo. Ademais da campaña A árbore do bo trato, o Concello celebrará nos próximos días unha reunión na que tomarán a decisión de levar a cabo unha serie de actividades que impulsen a repudia á violencia machista.

Outros artigos

O BNG denuncia o abandono da planta de Servia

O BNG denunciou este venres “o deterioro planificado” ao que as Presidencias da Mancomunidade Serra do Barbanza e o Goberno galego “someteron” durante aos últimos anos á planta de Servia, en Lousame, e ao seu modelo de reciclaxe. “Estamos falando dunhas instalacións...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.