O Concello de Lousame está a piques de rematar as obras de reforma integral da piscina municipal

06 Novembro 2020

O Concello de Lousame vai rematar en breve as obras de reforma integral da Piscina Municipal. A alcaldesa da localidade, Teresa Villaverde, afirma que “os traballos están practicamente acabados, a falta dunhas pequenas actuacións no vaso da piscina”.

As obras están incluídas no Plan Complementario do Plan Único 2019 e supuxeron a demolición e reposición do antigo pavimento e do muro do peche da praia. Estas comezaron no mes de xuño e nelas invertéronse 114.500 euros. A empresa Jstop Obras y Servicios SL. foi a encargada da reforma e realizou diferentes labores como a impermeabilización do vaso da piscina ou a colocación dunha nova electrobomba centrífuga.

O Concello explica que “debido a gran ampliación realizada na zona da praia, van a proceder facer un portal e acondicionar un novo peche perimetral”. Segundo informa a alcaldesa, “a ampliación da zona de praia é, quizais, a maior novidade coa que se atoparán os veciños e veciñas a primeira vista, así como as melloras na zona das duchas e mesmo na carpintería interior dos vestiarios. Pero durante os últimos meses tamén impermeabilizamos o vaso da piscina, para evitar fugas de auga, e importantes reparacións na sala de máquinas que redundarán nun mellor servizo aos veciños e veciñas de Lousame”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...