O Concello de Boiro solicita un cribado masivo para detectar posíbeis casos asintomáticos

23 Novembro 2020

O Concello de Boiro, a través da xuntanza semana da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19, decidiu tomar unha serie de medidas preventivas para frear o número de contaxios. Por exemplo: solicitar ao SERGAS que se realice un cribado masivo de probas PCR para detectar posíbeis casos asintomáticos.

A decisión ten a súa orixe na entrada do concello no nivel 3 de alerta, o pasado martes, polo relevante número de casos positivos, unha cifra que, segundo dixo o Concello, semella que non deixa de medrar de xeito exponencial, polo que a Comisión decidiu solicitar ao Servizo Galego de Saúde que se realice a devandita proba masiva. O obxectivo desta solicitude é “evitar que se produza un importante golpe económico e social no tecido industrial e nas persoas e familias que dependen directamente do mesmo”.

Dende a Policía Local de Boiro solicitouse tamén a colaboración da Policía Autonómica para intensificar o control e vixilancia sobre a poboación no cumprimento das restricións e medidas de seguridade.

O Concello de Boiro acompañou estas medidas dun chamamento á veciñanza para que” extreme as precaucións e cumpra coas medidas de seguridade como son o uso obrigatorio de máscaras, a distancia social e evitar as aglomeracións”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...