O Concello de Boiro inicia as obras de pavimentado na rúa Salvador Allende e en Cabo de Cruz

18 Novembro 2020

O Concello boirense comezou coas tarefas de adecuación da rúa Salvador Allende e das redes de servizo en Cabo de Cruz. A obra, que consistirá na mellora e renovación do pavimentado destas zonas, realizarase con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña, xunto coa renovación de redes e servizos en Cabo de Cruz.

A rúa Salvador Allende será remodelada cun pavimentado ó longo do tramo existente entre a avenida da Constitución e a avenida Empresario Jesús Alonso, que ocupará unha superficie de 2.520 metros cadrados. Ademais, en Cabo de Cruz levarase a cabo a renovación de redes e servizos e pavimentado na rúa Camiño da Torre, que comprende un total de 470 metros cadrados.

O investimento total da obra será dun total de 4.454,45 euros, que serán empregados para dotar ós veciños dunha mellor rede de servizos e aumentar a comodidade e seguridade da vila. O alcalde, Jose Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, asistiron á execución das obras.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.