O BNG de Ribeira presenta iniciativa para mellorar as instalacións do colexio de Frións

27 Novembro 2020

O BNG presenta iniciativa para mellorar as instalacións do colexio de Frións. Os nacionalistas atenden esta petición da comunidade escolar.

O colexio público de Frións precisa, segundo o BNG, unhas melloras que facilitarían de xeito importante a actividade educativa e contribuirían, ao mesmo tempo, a aumentar o benestar das alumnas e alumnos no centro escolar. O BNG ribeirense após estar en contacto coa ANPA e docentes do propio centro, trasladará esta demanda ao Pleno do Concello de Ribeira e, de ser necesario, ao Parlamento de Galiza.

O voceiro nacionalista, Xosé Vázquez Cobas, considera que é necesario colocar no exterior unha marquesiña máis xa que a existente é totalmente insuficiente para atender a demanda no acceso e saída dos 110 usuarios e usuarias do transporte escolar. Vázquez Cobas cre que alén da marquesiña “a beirarrúa interior que serve de entrada e saída ao centro duns 20 metros aproximadamente, sería un corredor abrigado se a cubrimos para protexer do frío, do vento e da chuvia aos 150 alumnos e alumnas de primaria”.

O centro conta cunha zona pequena cuberta na parte de atrás que presta un bo servizo aos de infantil aínda que con estreituras. Fontes do BNG aseguran que se fai precisa unha zona cuberta de soportal na parte dianteira pois sería moi útil nas clases de educación física ao carecer de pavillón, así como nos recreos, e para a realización de actividades no exterior. Esta necesidade que evidenciouse máis nos tempos de Covid que vivimos segundo informou Cobas.

Ampliación do servizo de comedor

Por outra parte, Vázquez foi informado pola ANPA e o equipo docente que o servizo de comedor estase prestando en dúas quendas para atender aos 54 nenos e nenas que fan uso del polas limitacións de espazo que hai. “A ampliación do comedor é urxente e existen solucións técnicas para facelo redistribuíndo e acondicionando os espazos existentes con pequenas obras que non serian custosas” argumentou.

Por todos estes motivos, o BNG pedirá que se instale alomenos unha marqusiña máis, ampliar o comedor do colexio, facer un proxecto para realizar un corredor cuberto sobre a beirarrúa que dea abrigo da chuvia e vento así como instar á Consellaría de Educación a facer un soportal dianteiro no que se poidan facer actividades durante os días de mal tempo.

Outros artigos

Ribeira acolle o 24-F unha xornada sobre facturación electrónica

A Fundación INCYDE e o Concello de Ribeira organizan este mes un evento formativo de transformación tecnolóxica para as pemes e as persoas autónomas. Estamos a falar da xornada Facturación Electrónica e Acceso á Plataforma do Sector Público, que está prevista para o...

+

Atropelo con ferido en Aguiño en Ribeira

Os bombeiros do parque provincial de Ribeira foron mobilizados por mor dun atropelo en Aguiño, no Concello de Ribeira.Na incidencia foi trasladada unha persoa ferida ao hospital do Barbanza. Un peón resultou ferido este mércores 12 de febreiro tras ser atropelado na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

El papa Francisco afirma que rechazar a los migrantes es un "pecado grave" El papa Francisco afirmó que ante el drama de la migración no sirven "leyes más restrictivas" o "la militarización de las fronteras" y que rechazar a los migrantes "es un pecado grave". La...