O BNG de Noia levará a pleno o apoio aos sectores marisqueiro e bateeiro

10 Novembro 2020

O grupo municipal do BNG de Noia vén de presentar unha iniciativa para
ser debatida no pleno en apoio aos difíciles momentos que están a pasar
os sectores marisqueiro e bateeiro da ría de Muros e Noia, bases para a
economía da comarca.
Dende o BNG sinalan que á difícil situación derivada da situación
epidemiolóxica e os seus efectos sobre os ingresos obtidos por unhas
capturas menos numerosas con respecto ao ano pasado súmanse a
incidencia duns problemas que se arrastran dende hai anos coma os
derivados polas carencias no saneamento da ría e no funcionamento do
Intecmar.
Con respecto ao saneamento da ría, a iniciativa pretende que a Corporación
Municipal inste á Xunta a adoptar medidas para a mellora da calidade das
augas; como poden ser, a eliminación dos puntos de verteduras
identificados pola Xunta de Galiza na bacía do Tambre e na ría de Muros
Noia, rematar e poñer en marcha o plan director do saneamento de Noia,
ou, a culminación das instalacións de tratamento e depuración de augas
residuais nos concellos que realizan verteduras á bacía do Tambre e a
mellora das existentes.


Por outra banda, e con respecto ao funcionamento do Intecmar, pretende
o BNG levar ao pleno un dos temas máis candentes na actualidade da vila,
para que, deste xeito, se amose apoio ás reclamacións do sector
marisqueiro de que o Intecmar aumente os seus servizos ampliando ás
análises das augas a fins de semana e festivos. Recordan dende o grupo
propoñente que “ante a inactividade do Intecmar os sectores marisqueiro
e bateeiro teñen visto a súa actividade e os seus ingresos paralizados en
varias ocasións cando as condicións eran idóneas para saír a faenar”.
Os nacionalistas piden ademais que, unha vez se coñeza o Plan Director de
Saneamento de Noia, se convoque unha reunión coa presencia de
representantes do equipo redactor, da confraría, de Plademar e dos grupos
políticos municipais. O gallo desta reunión sería o coñecemento do Plan, os
temas aos que alude a iniciativa, así como outros que puideran ser de
interese común das partes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...