O accidente laboral mortal en Outes sucedeu ao ceder unha torre de alta tensión e caerse os dous operarios ao chan

03 Novembro 2020

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, un deles perdeu a vida e o outro operario resultou ferido de consideración ao caer ao chan dende unha torre de alta tensión mentres realizaban labores de mantemento a unha altura duns sesenta metros.

Os feitos tiveron lugar nunha zona de monte na parroquia de Valadares, preto das 10:15 horas. Nese momento, varias persoas particulares deron conta do accidente ao 112 Galicia.

Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o lugar un helicóptero medicalizado, no que finalmente foi trasladado o traballador ferido ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Por outra banda, os efectivos médicos nada puideron facer por salvarlle a vida ao outro operario accidentado.

Cómpre salientar que neste operativo interviñeron, tras ser alertados polo 112 Galicia, os membros do GES de Muros, os axentes da Garda Civil e da Policía Local, os voluntarios de Protección Civil de Outes e Mazaricos e a empresa subministradora de electricidade.

.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...