Noia Portus Apostoli FS – Rivas Futsal: a polo pleno de victorias

13 Novembro 2020
Imaxe cedida polo Noia Portus Apostoli FS

O equipo dirixido por Marlon Velasco recibe este sábado ao Rivas Futsal, coa intención de conseguir a súa cuarta vitoria consecutiva e manter a cabeza da táboa. Despois dun inicio de liga impecable, o equipo noiés volve ao Agustín Mourís tras dúas xornadas como vístante, para tentar repetir o resultado da tempada pasada, na que venceron 4-3 ó Rivas Futsal.

Un Noia que ven de lograr o que é o seu mellor arranque na súa historia na Segunda División fronte ó Rivas Futsal, que conta cunha vitoria e unha derrota os seus dous encontros xogados ata o de agora. O cadro de Rivas-Vaciamadrid gañou na primeira xornada á Unión África Ceutí (5-4) e saíu derrotado no enfrontamento ante o Móstoles (1-6).

O partido servirá para que Álex Pérez siga collendo sensacións tras o seu regreso de lesión o pasado fin de semana fronte ó Benavente: “Pouco a pouco comecei a entrar no partido e agora toca seguir mellorando para volver a estar ao 100%”, afirmou o xogador do Noia. Ademais, Palmas, Javaloy e Lluc estrearanse como capitáns oficiais nesta campaña 2020/2021.

O partido disputarase mañá sábado 14 ás 18.30 no Municipal Augustín Mourís e acollerá a un máximo de 60 persoas por mor do aforo limitado dada a situación pola COVID-19. As entradas foron sorteadas entre os abonados do equipo noiés. Ademais, o encontro será emitido en streaming por Youtube dende a canle do Noia Portus Apostoli FS.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.