CD Boiro e Noia P.A. tentan retransmitir seus partidos por Youtube

13 Novembro 2020

A “nova normalidade” obriga aos equipos da zona a reciclarse e adaptarse á situación actual. Por isto, CD Boiro e Noia Portus Apostoli precisan mil seguidores nas súas canles de Youtube para poder emitir seus partidos a través da plataforma. A canle do equipo noiés (Noia Portus Apostoli FS TV) conta con 1010 subscritores, e tras lograr o obxectivo, recompensarán co streaming aos seareiros que non poidan acudir ao pavillón municipal por mor do aforo limitado nas próximas xornadas.

Doutra banda, o CD Boiro tenta anticiparse aos sucesos, xa que, aínda que non existe calendario para a Preferente Galicia, xa comezou a procura dos mil seguidores. Aínda que hai máis rumores que certezas, o inicio da competición podería darse entre xaneiro e febreiro. A día de hoxe, a canle do equipo boirense (CD Boiro) posúe 270 subscritores.

Outros artigos

San Vicente de Cespón celebra as festas do seu patrón

A parroquia boirense de San Vicente de Cespón celebra esta semana as festas na honra do seu patrón. Será unha festa en dúas quendas: por unha banda a vertente relixiosa que se concentra este mércores 22 e pola outra a troula nocturna do sábado 25 de xaneiro (a partir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión