Noia, O Son e Lousame coa Xunta piden á Deputación ter un GES na área

10 Novembro 2020
O DELEGADO DA XUNTA E OS ALCALDES DE NOIA, PORTO DO SON E LOUSAME RECLAMAN O APOIO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA SACAR ADIANTE A PROPOSTA DA XUNTA DE CONTAR CUN NOVO GES NESTA ÁREA

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e os alcaldes de Noia, Santiago Freire, Porto do Son, Luis Oujo e de Lousame, Teresa Villarverde visitaron esta mañá a base de Protección Civil de Noia, a que será con
toda probabilidade a nova base do GES de Noia, que prestará tamén servizo aos concellos de Porto do Son e Lousame e que será posible grazas ao acordo inicial alcanzado pola Xunta dentro da Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), na que tamén están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias
(Fegamp) e as deputacións provinciais.
 

O DELEGADO DA XUNTA E OS ALCALDES DE NOIA, PORTO DO SON E LOUSAME RECLAMAN O APOIO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA SACAR ADIANTE A PROPOSTA DA XUNTA DE CONTAR CUN NOVO GES NESTA ÁREA

A Xunta deu a coñecer, a semana pasada, a súa proposta para mellorar e completar o mapa de emerxencias que cubre o territorio galego, a través de 6 novas agrupacións, unha delas na provincia da Coruña, concretamente no Concello de Noia. A proposta da Xunta será estudada polos integrantes da comisión de seguimento, que volverá a reunirse para proceder á súa votación.
  
En materia de financiamento, a Administración autonómica reafirmou o seu compromiso para seguir colaborando no mantemento dos GES, postos en marcha en 2013 en consenso entre a Xunta, deputacións e concellos. De feito, a proposta presentada. a semana pasada, cun novo servizo para Noia suporía un incremento no investimento por parte da Xunta de máis de 81.000 euros, o que supón máis da metade do custo anual dos GES.
O delegado da Xunta destacou que agora toca que tamén se implique neste proxecto a Deputación da Coruña para que poida ser unha realidade e se aprobe definitivamente na comisión de seguimento. “Este GES é moi necesario e moi reclamado polos alcaldes desta área, unha das zonas máis castigada polos incendios forestais na época de verán, e conta co apoio da Xunta”. “Estamos convencidos que esta iniciativa contará co apoio da
Deputación coruñesa para que sexa unha realidade o antes posible”, puntualizou.

O DELEGADO DA XUNTA E OS ALCALDES DE NOIA, PORTO DO SON E LOUSAME RECLAMAN O APOIO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA SACAR ADIANTE A PROPOSTA DA XUNTA DE CONTAR CUN NOVO GES NESTA ÁREA

Nesta liña, Trenor instou á entidade provincial a que continúe implicándose na dotación de equipamento aos servizos de emerxencias dos concellos, tanto GES como Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, aos que a Xunta destinou nos últimos dez anos 15,3 millóns de euros. Ademais, as achegas do Goberno galego para financiar os cinco consorcios
provinciais e comarcais de bombeiros superan os 9,8 millóns de euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...