Noia fai melloras de mobilidade e seguridade no peirao de Cadarso e en República Arxentina

26 Novembro 2020

O Concello de Noia, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, vén de facer balance do traballo que se está a desenvolver en diferentes recantos do núcleo urbano para mellorar o tránsito, a mobilidade e a seguridade nas estradas. Parte dos traballos focalizáronse no peirao de Cadarso, que foi obxecto dunha posta a punto integral (melloras no pavimentado, no pintado e na sinalización). O malecón abriuse este mércores 25 de novembro con sentido duplo de circulación.

Amais os traballos recentes abranguen tamén República Arxentina, onde comezaron esta semana as obras que teñen como obxectivo principal a mellora e o reforzo do firme existente, coa pavimentado do mesmo, o pintado e a sinalización horizontal así como a mellora na accesibilidade para os peóns. Estas obras de mellora supoñen un investimento de máis de 120.000 euros financiados con fondos do Concello de Noia, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...