Noia abandona o nivel 3 da COVID-19

09 Novembro 2020

O número de municipios galegos en alerta vermella pola incidencia do Covid-19 no últimos sete días baixou de 50 a 44 con respecto ao domingo, segundo os datos difundidos pola Consellería de Sanidade. O cómputo é o resultado da incorporación de Cee á lista de poboacións galegas en código vermello e a saída de seis concellos: Santiago de Compostela, Ordes, Noia, O Carballiño, Verín e Soutomaior.

Segundo a actualización deste luns do mapa de alertas da Consellería de Sanidade, que reflicte certa melloría ao descender do medio centenar a cifra de localidades en risco máximo.

Na comarca Noia abandonou o noivel 3 e pasa con o Son e Ribeira a nivel 2, Muros e Boiro están en nivel 1 e en nivel 0 están A Pobra, Rianxo, Lousame e Dodro. O casos activos da área sanitaria Santiago-Barbanza son 1.209, dos que 49 están hospitalizados e 16 ingresados en UCIs.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.015 deles 1.887 son da área da Coruña, 1.116 da de Lugo, 1.035 da de Ourense, 1.254 da de Pontevedra, 2.469 da área de Vigo, 1.209 da de Santiago, e 1.045 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 94 están en UCI, 511 en unidades de hospitalización e 9.410 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 31.148 persoas curadas, rexistrándose 988 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 752.416.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...