Na Pobra comezan as obras de acondicionamento na escola da Angustia

25 Novembro 2020

Este mércores 25, iniciáronse na escola de educación infantil da Angustia as obras de mellora e acondicionamento das aulas situadas na planta baixa. Ata o lugar desprazáronse este mesmo mediodía o alcalde Xosé Lois Piñeiro e a concelleira da Educación, Genoveva Hermo.
A edil expuxo que a dita actuación consiste na colocación de illamento térmico do perímetro da edificación e tradosado con cartón-xeso, renovación da carpintería interior, nova instalación eléctrica e colocación de vinilo no chan. En consecuencia, afirmou que se “mellorará sensiblemente o edificio en xeral e a vida dos escolares en particular.” A obra foi adxudicada á empresa CYS Hispania S.L. e o importe ascende a 22.660’90 euros (cunha rebaixa de 2.732’32 euros sobre o prezo de licitación) con cargo aos orzamentos municipais. O prazo de execución é dun mes e medio.
Pola súa parte, o rexedor lembrou que o edificio tamén acolle o centro social no primeiro andar, adecuándose o espazo para o desenvolvemento das aulas para os 12 escolares. Tamén fixo fincapé nas inversións feitas nas escolas nos últimos anos, precisando que “esta vén a ser unha máis que vai a completar toda unha actuación neste centro” e engadiu que, despois das obras, “vai quedar perfectamente dotada.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.