Na área sanitaria de Santiago-Barbanza falece un home de 86 anos no CHUS

07 Novembro 2020

Unha nova vítima eleva a 149 o número de mortos na área sanitaria de Santiago-Barbanza na xornada deste sábado. O home tiña infección por coronavirus e contaba con patoloxías previas

Xa en Galicia o número de pacientes en Unidades de Coidados Intensivos dos hospitais galegos mantense en 85 pese ao descenso rexistrado no total de persoas hospitalizadas con covid na Comunidade galega, que se sitúa en 580, 13 menos que no balance ofrecido o venres.

Son datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con cifras ata as 18,00 horas deste venres.

Na área de Santiago e O Barbanza descenden a 64 os pacientes con Covid hospitalizados, catro menos que este venres, deles 14 en unidade de críticos un máis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión