Muros so tivo 1 caso no cribado. Santiago baixa por 1ra vez desde hai un mes e Galicia rexistra 9.292 casos

02 Novembro 2020

Santiago e Lugo rebaixan as súas cifras de casos activos de coronavirus e ningunha área galega supera os 60 casos novos. A capital que viña arroxando as cifras máis preocupantes xunto coa cidade olívica, rexistra un descenso dunha ducia de casos en menos de 24 horas, a súa primeira baixada desde o 6 de outubro.

Boas novas tamén en Muros no cribado poboacional realizado esta fin de semana a residentes de entre 30 e 50 anos detectouse 1 caso indeterminado, ao que se lle repetirá PCR nos vindeiros días. Así 1.259 muradáns deron negativo.

Na área sanitaria de Santiago-O Barbanza hai 1.360 casos activos, 65 hospitalizados con 13 pacientes en UCIs.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.292 deles 1.575 son da área da Coruña, 983 da de Lugo, 1.299 da de Ourense, 1.049 da de Pontevedra, 2.072 da área de Vigo, 1.360 da de Santiago, e 954 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 77 están en UCI, 446 en unidades de hospitalización e 8.769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 27.752 persoas curadas, rexistrándose 923 falecementos. O número de PCR realizadas é de 700.353.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...