Lousame pecha fileiras contra a lacra das agresións machistas

25 Novembro 2020

Unha vintena de persoas participaron este mediodía en Lousame na lectura dun manifesto contra a violencia machista, realizado pola concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, diante do Consistorio e fronte a unha gran pancarta que incluía a lenda A árbore do bo trato. Por certo que este foi o lema que acompañou a campaña de prevención contra as agresións levada a cabo polo Concello ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o Ministerio de Igualdade.

Silvia Agrafojo asegurou que “dende o Concello de Lousame seguiremos traballando para conseguir que a erradicación da violencia de xénero sexa unha realidade. E como a igualdade real acádase traballando cos nenos e nenas dende ben pequenos, dende o Concello colaboramos co CPIP Cernadas de Castro a través de distintos proxectos educativos nos que, dende infantil ata a ESO, o alumnado recibe uns valores e unha educación en igualdade que darán o seu froito no futuro. Niso baseouse esta campaña A árbore do bo trato, en que primeiro hai que sementar para recoller o froito, que podedes ver tanto na web municipal coma nas redes sociais”.

Así mesmo, Agrafojo deu lectura a un manifesto institucional no que lembrou ás 41 mulleres asasinadas no 2020 “polo feito de seren mulleres” e aos tres nenos e nenas que foron asasinados canda as súas nais e aos 23 “que van medrar sen elas en familias rotas para sempre pola violencia machista”. A concelleira animou ás mulleres a que non permitan discriminación ningunha e a que denuncien porque “non estades soas”, ao tempo que reclamou da sociedade “que sinta empatía polas vítimas e eduque en igualdade”.

Lembrou tamén o importante peso que ten o igualdade no programa Lousame Coeduca, que durante os meses de outubro e novembro levaron a cabo o Concello e o CPIP Cernadas de Castro, grazas a unha subvención da Secretaría Xeral da Igualdade. Lousame Coeduca incluíu unha serie de actividades de sensibilización dirixidas ao alumnado local, de 3 a 16 anos, para favorecer a coeducación e a promoción da igualdade de oportunidades. De feito, toda a rapazada do CPIP Cernadas de Castro participou na campaña A árbore do bo trato, gravando un vídeo que pode verse xa na web do Concello. Uns vídeos aos que se sumaron os achegados polas persoas maiores que participan nos obradoiros Activa-Mente, persoal municipal e veciños e veciñas de Lousame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.