Lousame ofrece este domingo unha ración dupla de Ópera Break’s, un espectáculo que mestura ópera e breakdance

02 Novembro 2020

O auditorio da Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 9 de novembro, en dúas quendas, o espectáculo Ópera Break´s, un show especialmente dirixido para un público xuvenil e que salienta por mesturar ópera, breakdance e DJ nunha única proposta. A actividade, que se achega á veciñanza ás 17.30 e ás 19.00 horas, vén da man da soprano local Esperanza Mara (Emanarte) e de tres artistas urbanos do colectivo Vella Escola: DJ Mil e dos bailaríns Bboy Serlli e Pol Rock, coa colaboración especial doutros profesionais do mundo do Beatbox e do Graffiti.

A asistencia é totalmente de balde, se ben o aforo é limitado debido á aplicación dos protocolos preventivos fronte á COVID-19. Os veciños e veciñas que desexen asistir poden reservar a súa entrada chamando á Casa da Cultura (981 825 780).

O Concello fixo saber que a día de hoxe (este luns 2 de novembro) xa están máis da metade das prazas cubertas.

O espectáculo Ópera Break´s ten unha duración aproximada de unha hora na que, a través da expresión musical e corporal, cóntase, en palabras dos seus artífices, “unha historia que rompe as barreiras do clásico e do urbano, fusionando ambos conceptos nun espectáculo multidisciplinar e sorprendente”.

O espectáculo mestura dun xénero como a ópera, ligado por tradición ás elites sociais e aos espazos pechados dos teatros, coa cultura urbana, dirixida á mocidade, transgresora e libre de normas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.