Lousame homenaxeou a Marcos Mayo, Roi Jorge Vázquez e Iago Carou Moledo polos seus logros deportivos

23 Novembro 2020

O pasado sábado 21 tivo celebrouse unha nova Gala do Deporte do Concello de Lousame, encabezada pola alcaldesa do municipio, Teresa Villaverde Pais, e o concelleiro de Deportes, Jesús Martínez Castro, para render homenaxe a tres deportistas locais polos seus recentes éxitos deportivos. Marcos Mayo Figueira (Cruído, 1979), Iago Carou Moledo (Filgueira, 2004) e Roi Jorge Vázquez (Silvarredonda, 2004) foron os protagonistas dunha celebración diferente ás anteriores por mor da COVID-19.

A Gala do Deporte 2020 abriu súas portas, soamente, ós familiares dos tres galardoados que cumpriron cun estrito protocolo debido á pandemia. “Non é o mellor momento, pero non queríamos deixar pasar o tempo sen recoñecer o voso esforzo e a vosa constancia”, admitiu Villaverde Pais, para dar paso ós galardoados.

A celebración recoñeceu os campionatos galegos de Duatlón Cross, absoluto e veterano, e o subcampionato galego contra o reloxo individual en categoría máster 40 logrados por Marcos Mayo Figueira no 2020. Por outro lado, Roi Jorge Vázquez conseguiu erixirse como campión da Copa de Portugal de ciclocross de Sao Brás de Alportel (Algarve). Finalmente, subiría ó escenario Iago Carou Moledo para ser distinguido polo seu campionato galego contra o reloxo individual cadete.

Para cerrar o acto de homenaxe, Teresa Villaverde quixo dedicar unhas palabras ós deportistas e ás súas familias: “Queremos agradecer ás familias o apoio que lles dades e tamén agradecerlles a eles que sexan un exemplo para a sociedade dos valores que transmite o deporte.” Ademais, Marcos Mayo, o máis veterano alí citado, animou ós rapaces: “Non hai que obsesionarse cos resultados, se se desfruta na bicicleta, os resultados chegarán”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.