JEALSA avanza en responsabilidade empresarial coa súa adhesión a Forética

10 Novembro 2020

JEALSA anunciou o pasado mes de outubro a súa adhesión a Forética, organización estatal referente na economía circular e na responsabilidade social empresarial, co obxectivo de “potenciar actividades relacionadas coa sustentabilidade e coidado da contorna grazas ao programa We Sea”. En palabras de Jesús Manuel Alonso Escurís, presidente de JEALSA, “Contar coa experiencia e traxectoria de Forética supón unha gran oportunidade para fortalecer o noso programa de responsabilidade social e medioambiental e potenciar todas as iniciativas e accións que puxemos en marcha para contribuír á consecución dos ODS establecidos pola ONU”.

Pola súa banda, Germán Granda, director xeral de Forética, engadiu: “A incorporación de JEALSA á rede de máis de 200 socios de Forética supón dar un paso máis na nosa visión de construír alianzas empresariais para lograr dar unha resposta conxunta aos desafíos en materia de cambio climático e medio ambiente”

A raíz da súa adhesión a Forética, JEALSA lembrou o seu carácter “pioneiro” na loita contra a pesca ilegal non declarada nin regulamentada, a obtención do primeiro certificado MSC para a pesca do atún claro no Atlántico (o proceso de avaliación sustentábel de pesca máis esixente do mundo) e a consecución, recentemente, da neutralidade en emisións de CO2 grazas á enerxía eléctrica xerada en parques eólicos propios e participados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.