
Este xoves 19 de novembro procedeuse en Noia á instalación dunha cabina de video finish nas pistas de Atletismo do Campo de Fútbol de San Lázaro. A súa función, segundo informou o Concello, será a de aloxar o sistema controlador da liña de meta nas competicións deportivas de atletismo.
A instalación do novo equipamento foi supervisada polo alcalde local, Santiago Freire Abeijon, e, tamén, pola concelleira de Deportes, Laura Salgado Garcia, quen explicou que a habilitación e posta en marcha da cabina permitirá “acoller probas de atletismo de alto nivel na nosa vila”.