Gañará Biden a presidencia?. Manuel Dominguez III

04 Novembro 2020

Alá polo 1987 eu seguía moito os debates televisados, do comité Xudicial do senado, formaba parte Ted Kennedy, quen fose presidente do mesmo, deixándoo en 1981 cando os republicanos toman poder.
Naquela mesa á beira de Kennedy estaba para a miña un descoñecido Joe Biden, que foi presidente do mesmo entre 1987-95, seguía os debates con interese e chamoume a atención, non recordo por que o mozo Biden naquel momento 45 anos.
Chega o momento en que lle escribo e propóñolle que se postule a ser candidato, ofrézolle formar parte do comité de elección, achegando as miñas capacidades, amizades, o meu tempo e toda a miña enerxía, se el postúlase.
Experiencia que ampliaría en 1990, cando forme parte do equipo de Ross Perot, un non político, empresario que fixo unha diferente campaña , achegando datos, números sen retoricas, pero a realidade non é agradable.
As xentes non queren ver a realidade, gozan máis escoitando o que queren oír.
A todo isto, Biden chega a Vice-Presidente, co que aquela carta miña, a recado faríalle espertar a afastada memoria.
Esas pequena vitais anécdotas, quedan arquivadas no noso cerebro, concretamente no hipocampo.
Seguro que nun xantar, el e a súa esposa Jill, falarían diso.
Querido lembras aquela carta do mozo español que che auguro que un día serias presidente?.
Se, pero hoxe só son Vicepresidente, todo se andara, sweet heart, (doce corazón).
Hoxe é candidato despois de 33 anos.
Gañará Biden a presidencia?
Ten que cumprirse a profecía.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.