Galicia rexistra outros seis falecidos, dous no CHUS, por covid-19 o que eleva a cifra total de mortes a 1.179

26 Novembro 2020

Na área sanitaria de Santiago-Barbanza falecen 2 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Trátase dunha muller de 88 anos, no Chus. e un home de 79 anos, no Cegadi (Santiago). Procedía da Residencia de San Salvador de Guntin. Ambos tiñan patoloxías previas. O número total de mortos na área sanitaria elevase a 168.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.579 deles 1.743 son da área da Coruña, 1.085 da de Lugo, 574 da de Ourense, 1.214 da de Pontevedra, 2.308 da área de Vigo, 948 da de Santiago, e 707 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 92 están en UCI, 421 en unidades de hospitalización e 8.066 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 41.054 persoas curadas, rexistrándose 1.173 falecementos. O número de PCR realizadas é de 873.252. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Outros artigos

Os alcaldes de Barbanza Arousa din non a Altri

Na mañá deste 18 de marzo os alcaldes da Mancomunidade Barbanza Arousa, Julián Bustelo, José Ramón Romero, José Carlos Vidal e Luis Pérez Barral (rexedores, respectivamente, de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) ofreceron unha rolda de prensa conxunta na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...