Galicia chega a 10.200 positivos

06 Novembro 2020

Os últimos datos publicados pola Consellería de Sanidade informan que Galicia superou os 10.000 casos activos por vez primeira desde o estalido da pandemia. En concreto acada 10.196 persoas contaxiadas actualmente, o que supoñen 301 máis que as 9.895 que se contabilizaban este xoves, como consecuencia dos repuntes detectados, principalmente, en Vigo e A Coruña.

A área sanitaria viguesa mantense como a máis afectada por esta nova onda do Covid-19 ao contar con 2.475 casos activos (87 máis que onte). A máis distancia séguenlle A Coruña (pasa de 1.737 a 1.831), Pontevedra (escala de 1.137 a 1.194), Ferrol (de 1.094 a 1.118) e Lugo ( repunta de 1.049 a 1.109).
Tan só as áreas sanitarias de Santiago-Barbanza con 1.338 casos activos e Ourense 1.131 logran desmarcarse deste forte repunte de casos.
Tal como informamos no serán de onte en O Barbanza o falecemento de nove persoas máis como consecuencia do Covid-19 eleva as vítimas en Galicia ata as 969, das que 31 son da comarca e 147 da área sanitaria. Os hospitalizados son 55, dos que 13 están en UCIs.

Os últimos falecidosna área sanitaria foron unha muller de 85 anos e outra de 89 anos. Esta última procedía da Residencia nosa Sra. dos Anxos de Ribadavia. Ambas tiñan patoloxías previas.

En canto ós concellos Ribeira pasou a nivel 2, xunto con Noia. No nivel 1 está O Son e Rianxo e no nivel 0 está A Pobra, Boiro, Lousame, Serra de Outes, Muros e Carnota.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

A fame obriga. Ou, o que ven ser o mesmo, a necesidade de reducir custes fai que experiencias acumuladas durante séculos, obriguen aos armadores de todo tipo de buques a repensar antes de investir na construción de novos buques: retornan as velas e, desta vez, non só...