FUNDAMAR lanza unha guía para a inclusión laboral de persoas con diversidades funcionais no sector pesqueiro

05 Novembro 2020

FUNDAMAR, a Fundación para a Pesca e o Marisqueo, publicou un recurso de consulta para impulsar a presenza de persoas con diversidades funcionais nos sectores que representa a dita entidade. A Guía para o fomento da empregabilidade de persoas con discapacidade será unha ferramenta da que poden botar man as entidades da economía social e as empresas do sector pesqueiro que teñan obriga de cumprir coa cota de reserva (onde o 2% dos postos deben ser ocupados por estes colectivos).

O obxectivo da guía é, en definitiva, “contribuír á contratación de persoas con dificultades de inserción laboral” e “servir de apoio nos procesos des selección”.

FUNDAMAR realizou este traballo ao abeiro da súa Estratexia para a promoción da economía social no ámbito da pesca industrial, iniciativa que conta co apoio da Rede Eusumo, impulsada pola Xunta de Galicia, e que xa tivo como resultado, entre outros, a Guía de oportunidades para a promoción do emprego no marco da economía social no sector e a creación do Observatorio da economía social no sector pesqueiro.

As persoas interesadas en contar cun exemplar en papel da guía poden solicitalo a través do correo fundamar@fundamar.org ou, se o prefiren, pódena descargar en formato dixital (PDF) a través dunha ligazón específica.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.