“España e Portugal preparan o consello de ministros de pesca do mes de decembro”. Antón Luaces

28 Novembro 2020

Os ministros do Mar de Portugal, Ricardo Serrâo Santos, e de Agricultura, Pesca e Alimentación de España, Luis Planas, nunha vídeoconferencia celebrada este venres, pasaron revista ós máis importantes asuntos contemplados na Política Común de Pesca (PPC).

España quere defender os obxectivos desa Política Común de Pesca, manter o acceso ás augas e o reparto de cotas segundo o principio de estabilidade relativa. O país luso ocupará a Presidencia do Consello da Unión Europea durante o primeiro semestre do vindeiro ano 2021. E se ben poido saberse que ambos os ministros se detiveron especialmente no espiñento asunto do acceso ás aguas británicas, o certo é que na referencia sobre este encontro telemático o Ministerio de Agricultura español non ofreceu dato algún sobre a postura específica de España e Portugal ao respecto, limitándose a sinalar a importancia de acadar acordos que permitan tal continuidade. Os ministros pasaron  revista á situación das negociacións sobre a saída do Reino Unido da Unión Europea e ambos coinciden na necesidade de chegar a un acordo que garanta a continuidade da actividade da frota pesqueira.
Sí  quedou nidiamente clara a preocupación de España pola proposta da Comisión Europea para limitar os días de pesca en 2021 para a frota de arrastre no Mediterráneo, polo que formulou a necesidade de adoptar un enfoque e aplicación progresivos e proporcionados do Plan de Xestión do Mediterráneo, como está establecido, ata o ano 2025.
Tamén é partidaria España de evitar novas reduccións no Total Admisible de Capturas (TAC) e cotas de pescada sur para 2021, sobre todo após os axustes levados a cabo nos últimos anos nas posibilidades de pesca e que supuxeron importantes esforzos por parte da frota española.
O ministro Luís Planas reiterou o compromiso de España coa adopción dun enfoque equilibrado do problema, aínda por resolver,  da protección de cetáceos no Golfo de Biscaia. Valorou qwue se adoptara unha recomendación conxunta con Francia e Portugal no Consello Consultivo Rexional de Augas Suroccidentais.
España e Portugal coinciden en que os últimos datos dispoñibles en relación co estado das pesqueiras de sardiña ibérica amosen que  é factible solicitar á Comisión Internacional para a Explotación do Mar (ICES) unha revisión da situación do stock que permita ampliar as capturas asociadas. En todo caso, coidan que as decisións que se adopten deben estar baseadas na mellor ijformación para ter as máximas garantías de éxito.

Outros artigos

A mostra “Do mar e da terra” da Deputación pódese ver en Portosín

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Portosín acolle estes días a exposición Do mar e da terra, con entrada libre. Trátase dunha mostra itinerante impulsada pola Deputación da Coruña coa que se busca difundir exemplos concretos e reais de innovación, calidade,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...