En Ribeira 15 sancións e 70 requirimentos durante a fin de semana pola normativa antiCOVID

Un total de 15 sancións e 74 requirimentos foron efectuados durante a fin de semana pola policia local en cumprimento da normativa antiCOVID no municipio no ánimo de tratar de atallar a propagación da pandemia, segundo se informou esta mañá no transcurso da comisión municipal de seguimento da evolución da COVID-19.
Boa parte dos incumprimentos detectados tiveron que ver con saltarse o precintado de parques infantís e especialmente con condutas inadecuadas en establecementos hostaleiros, especialmente non levar posta a mascarilla nun momento no que non se está consumindo, pero tamén non gardar a distancia preceptiva á hora de fumar ou estar máis de cinco persoas xuntas nunha mesa.
A comisión decidiu a colocación nas terrazas do municipio de carteis
informativos nos que se recorde que as mascarillas só se poden retirar da boca no momento en que se está consumindo.
Pleno
Por outra parte, hoxe se acordou tamén en xunta de voceiros que o pleno ordinario do próximo luns será telemático agás no que se refire ao alcalde e os voceiros dos grupos, que estarán presencialmente na sala de sesións do consistorio de tal xeito que poidan ser seguidos en streaming como é habitual.