En Rianxo emerxencia rescata a unha muller que caeu nunha zona rochosa

29 Novembro 2020

Unha muller resultou ferida esta tarde ao caer nunha zona rochosa próxima á Praia de Tanxil. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos servizos de emerxencia desprazados, a muller atopábase pescando cando caeu entre as pedras da escollera de Rianxo.

O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 17:20 horas, a través dos Bombeiros de Boiro. Indicaban que os servizos sanitarios estaban no lugar dos feitos e solicitaban medios para liberar á muller das pedras.

A partir de aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informou do acontecido á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segundo puido saber Emerxencias 112 Galicia, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro empregaron unha padiola de rescate para desprazar á muller ferida ata a ambulancia, na que foi finalmente trasladada ao centro médico de referencia.

Praia Tanxil Rianxo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.