En marcha a terceira intervención arqueolóxica no Castro da Cidá de Ribeira

06 Novembro 2020

O Concello de Ribeira informa do inicio dunha nova intervención arqueolóxica no Castro da Cidá consistente na escavación e posta en valor da muralla do recinto superior. “Trátase da terceira actuación que se vai efectuar sobre este milenario asentamento fortificado emprazado no cumio do monte da Cidá e que tantos interesantes descubrimentos está propiciando”, fixo saber o Concello, salientado o feito de que os novos traballos poñen o foco nun terraplén rematado en parapeto que circunda a plataforma superior ou croa do castro e que está situado na contorna máis próxima ás cabanas.

Trátase dun espazo de aproximadamente 304 metros cadrados, cunha lonxitude aproximada de 53 metros e entre 5 e 6 metros de anchura.

Ademais da escavación propiamente dita, a actuación inclúe a restauración e consolidación desta área (ao longo desta semana estase a rozar a zona de actuación) así como a divulgación e posta en valor da intervención.

Os traballos teñen unha duración de dous meses e están sendo desenvolvidos pola empresa Terra Arqueos, S.L. Comportan un investimento de 177.386 euros, IVE incluído, co-financiados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, segundo a resolución sobre a concesión dunha subvención ao abeiro da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020 que xestiona a asociación Deloa.

Antecedentes

As primeiras escavacións desenvolvidas en Castro da Cidá tiveron lugar entre abril e outubro de 2014 ao abeiro do primeiro proxecto Ribeira Atlántica, que estivo co-financiado con fondos europeos FEDER. Estes labores, explica o Concello, “partiron dun descoñecemento case total do que había soterrado e foron quen de sacar á luz restos dun castro en moi bo estado detectando 15 cabanas vinculadas á Idade de Ferro e unha caseta-vixía adscrita ao século XVIII”.

En datas similares do 2015 levouse a cabo unha segunda fase, desta vez sufragada con fondos LEADER xestionados por Deloa e puxo de manifesto outras sete cabanas de granito das que se consolidaron cinco, amén de pequenos muros segmentados e a presenza de indicios da muralla-parapeto obxecto da presente intervención.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.