Detidos en Ribeira dous homes por tráfico de drogas con doses de haxix, heroína e marihuana


A Policía Nacional de Ribeira detivo a dous homes de 54 e 78 anos e veciños da localidade coruñesa acusados de tráfico de drogas. Os axentes interviñéronlles doses de haxix, heroína e marihuana.

Segundo informou a Policía Nacional nun comunicado, as detencións producíronse no marco de dous dispositivos diferentes para a prevención do tráfico de drogas na localidade de Ribeira.

Nun deles, os axentes participantes na operación interceptaron a un home, ao que xa lle constaban diversos antecedentes, que portaba 18 anacos de haxix envoltos en papel de prata, –37 gramos en total– e 12 envoltorios de plástico con marihuana, cun peso de 62 gramos. A Policía incautouse tamén dun teléfono móbil, un vehículo e diñeiro en efectivo.

O detido no outro dispositivo organizado nesta localidade coruñesa, con antecedentes previos e que, tal e como remarcou a Policía, xa fora arrestado recentemente por feitos similares, portaba entre as súas pertenzas varias bolsas termoselladas de heroína, 300 euros en efectivo e dous teléfonos móbiles.

Neste operativo tamén foi intervido un vehículo. A Policía indicou que os detidos atópanse xa a disposición xudicial