“Desafiuzamentos en plena pandemia”. José Manuel Pena

03 Novembro 2020

En plena Pandemia do Covid 19 séguense producindo desafiuzamentos no noso país. Segundo datos do CGPJ, entre xaneiro e xuño do ano en curso, foron máis de 11.000 os desafiuzamentos de vivendas en España. Na maioría dos casos son familias vulnerables e sen garantirlles a alternativa habitacional necesaria.
Hai que ser claro e sinalar que as medidas adoptadas polo Goberno central como por parte da Xunta de Galicia son insuficientes. Concretamente na zona de Santiago e comarca hai máis de dous mil persoas que carecen de vivendas adecuadas e segundo o último informe de Foessa máis de dous millóns de persoas sofren situacións de inseguridade na vivenda en España.

As colas da fame son a viva imaxe do drama de miles de familias de moitos pobos e cidades, a maioría delas con problemas para poder garantirse unha vivenda digna ou un realoxamento ó alternativa habitacional adecuada. O peor de todo é que se continúan desafiuzando a familias vulnerables, algunhas con menores sen ningún tipo de humanidade nin consideración, por parte dos xuíces que ditan eses autos ou sentenzas, sen ter en conta
os protocolos establecidos legalmente.
Decretos e máis Decretos ditados, por parte do Goberno central e das Comunidades Autónomas, pero as familias vulnerables seguen quedándose na rúa por problemas económicos. Xa é necesario un Decreto urxente paralizando todos os desafiuzamentos, nestes difíciles momentos de emerxencia sanitaria. Si os desaloxos son por falta de pagamentos de hipotecas, é necesario que as familias sigan residindo nesas vivendas habituais e en caso de falta de pagamentos de alugueres que a Xunta de Galicia e os propios Concellos garantan o realoxamento correspondente das familias vulnerables, como legalmente é perceptivo.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.