Cultura de Boiro achega un mes de novembro ateigado de teatro e música

02 Novembro 2020

O departamento de Cultura do Concello de Boiro continúa este mes de novembro coa programación de actividades concibida para todos os públicos en diversos espazos. As actividades do Outono Cultural para o mes de novembro inclúen representacións teatrais e actividades con asociacións e colectivos. A programación está deseñada para cumprir cos protocolos de seguridade e prevención, pero e posible que algúns espectáculos sufran cambios ou modificacións. A axenda comeza este venres 6 coa representación de Os romeiros do caracol de Fantoches Baj. Será as 20.00 horas na Casa da Cultura de Boiro.

A peza Os romeiros do caracol está baseada na obra de Antón Fraguas Romarías e Santuarios de Galicia e pensada para publico infantil e familiar a partir de 5 anos. As prazas son limitadas e as entradas poden conseguirse o propio dia do espectáculo a partir das 16.30 horas.

A programación continua o venres día 13 coa representación de O mel non caduca de Ibuprofeno Teatro, as 21.00 horas na Casa da Cultura de Boiro.

O sábado 14, as 17.00 horas no Centro Social de Cabo de Cruz,Cociñando música de Capitán Garfo e ese mesmo día a partir das 17.00 horas, Magosto con Xilbarbeira no Centro Social de Boiro.

O domingo 15, na Boqueira de A Negral as 19.00 horas, ballet con Cen Pliés.

O venres dia 20, na Casa da Cultura de Boiro, será a quenda de Cranios privilexiados ou a critica da razón social, unha representación de Producións Excéntricas, as 21.00 horas e o sábado dia 21, as 19.00 horas, concerto da Banda de Musica de Boiro na Casa da Cultura as 19.00 horas.

O venres dia 27 será Talía Teatro quen represente Vida de cans na Casa da Cultura as 21.00 horas e o domingo 29, as 12.00 horas, sesión vermú con Abeloura en San Roque.

Outros artigos

O Concello de Boiro promove un obradoiro de Entroido para rapazada

O Concello de Boiro, no marco das actividades para o Entroido 2026, programa un obradoiro para rapazada de entre 4 e 12 anos. As actividades desenvolveranse no Centro Social de Cabo de Cruz entre o 16 e 18 de febreiro de 10.00 a 13.00 horas. O obxectivo desta...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El blanqueo como política de Estado” – José Antonio Constenla

“El blanqueo como política de Estado” – José Antonio Constenla

Hay gobiernos que pasan a la historia por sus reformas, otros por sus crisis y algunos, los más cínicos, por su habilidad para llamar “normalización” a lo que es claudicación. Pedro Sánchez parece decidido a inscribirse en esta última categoría con una perseverancia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.