Os contaxios en 24 horas dispáranse a máis do dobre nas áreas de Ferrol e Pontevedra, mentres na de Ourensecaen a só 25. Na área de Santiago-Barbanza, soben a 93 (9 máis que onte). Os activos en Santiago-Barbanza baixaron en 22, ata os 1.372.
Rianxo abandonou o nivel un de alerta pola Covid, mentres Muros continúa no tres. O concello rianxeiro únese ós de A Pobra, Lousame, Outes y Carnota. No nivel un continúan Ribeira, Boiro, Porto do Son, Noia e Mazaricos.
Galicia mentres continúa á alza na cifra de contaxios de COVID-19 detectados en 24 horas, que volve marcar récord histórico con 785, uns trinta máis que a xornada anterior. Este domingo superouse a barreira dos 9.000 casos activos.
Segundo a Consellería de Sanidade a área sanitaria con máis infeccións diarias volveu a ser a de Vigo con 165, pero con todo baixou en 50. Dispararonse os positivos en 24 horas nas áreas de Ferrol, con 136 (+72), e na de Pontevedra-O Salnés, con 113 (+60). Tamén subiron, aínda que máis lixeiramente, as áreas sanitarias da Coruña-Cee, a 131 (+1) novos contaxios, e Santiago-Barbanza, a 93 (+9).
Pola contra á parte de en Vigo, baixaron nas áreas sanitarias de Lugo-A Mariña-Monforte, a 112 (-7); e en Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, onde de feito esborrállanse ata ter só 25 novos positivos nun día (-66).
Ata a data realizáronse en Galicia un total de 692.643 PCR, en 24 horas fixéronse 9.974 probas.
En canto ás altas, nas últimas 24 horas curáronse 430 persoas, o que coloca o total desde o inicio da pandemia en 27.330. Ademais, ata o momento faleceron 914 persoas con coronavirus en Galicia, tras as catro vítimas notificadas na tarde do sábado. Cabe destacar tamén a cifra de casos activos, que continúa marcando máximos con 9.119 pacientes en total, rexistrou un ascenso de 357 nun día.