Comezan as obras para converter o miradoiro da Pedra de Ra nunha contorna máis accesíbel

11 Novembro 2020

O Concello de Ribeira informa de que xa están en marcha as obras para ceibar de obstáculos o miradoiro de Pedra da Ra e poñelo a punto e materia de accesibilidade, posibilitando a súa visita e desfrute para todo tipo de colectivos. Este proxecto foi elaborado por Carlos Seoane, o mesmo arquitecto que se encargou no 2016 da remodelación da dita contorna nunha actuación que, segundo lembra o Concello, foi obxecto de múltiples recoñecementos como os premios COAG, FAD ou Enor ou a súa selección para as bienais de arquitectura de Venecia e Arxentina, entre outros.

Amais das sendas de acceso existentes crearanse outras novas para permitir o tránsito de persoas con mobilidade reducida, unha das cales conducirá até o icónico piñeiro situado nas inmediacións, que, segundo recorda o Goberno de Ribeira, ofrece magníficas vistas cara ao Parque Natural de Corrubedo. Ademais, crearanse dúas prazas de aparcamento adaptadas a persoas con diversidades funcionais.

A actuación está sendo executada por Sonense de Granitos, S.L. e comporta un investimento de 47.795 euros. Están co-financiadas pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...