Comeza en Ribeira a segunda edición do obradoiro de emprego O Pote II

16 Novembro 2020

Até quince mozas e mozos emprenderon este luns 16 de novembro a súa andaina formativo-gastronómica ao abeiro da segunda edición do obradoiro de emprego O Pote de Ribeira. Hoxe presentáronse os detalles da segunda convocatoria da actividade, que terá unha duración de nove meses e que incluirán múltiples actividades prácticas do ámbito culinario e da hostalería. O Pote II arrincou tan só catro días despois do peche de O Pote I.

As propias instalacións da Escola Municipal de Hostalería situadas no segundo andar do mercado deron cabida á apertura deste taller nun acto que contou coa presenza do delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor; do alcalde de Ribeira Manuel Ruiz; e do concelleiro de Promoción Económica, Ramón Doval.

O alumnado, formado por persoas mozas de entre 18 e 29 anos incluídas no sistema nacional de garantía xuvenil (dez homes e cinco mulleres), levará a cabo ao longo do curso distintas iniciativas tales como demostracións (showcookings), eventos gastronómicos ou elaboración de menús degustacións, así como almorzos solidarios, destinado a persoas usuarias da UAD e Servizos Sociais.

O Pote II contará cunha nova docente, Patricia Martínez, en tanto que Almudena Basoco repite como directora do obradoiro logo de levarse a cabo o proceso selectivo.

O alcalde Manuel Ruiz salientou o feito de que Ribeira “vén sendo obxecto recorrente da celebración de obradoiros de emprego co-financiados pola Xunta”, xa que a O Pote II sumarase en breve (a mediados de decembro) un novo taller co-organizado con Porto do Son coas especialidades de carpintería e conservación de montes. Amais, animou aos asistentes a aproveitar a oportunidade: un desexo compartido por Gonzalo Trenor, quen subliñou o alto grao de inserción laboral que teñen os obradoiros promovidos pola administración autonómica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.